Cariño nun proxecto europeo sobre enerxías renovables

Share Button

O Concello de Cariño acaba de informar na súa páxina web sobre a participación da institución municipal nun proxecto europeo sobre enerxías renovables, enmarcado no programa Europa para os cidadáns da Unión Europea. O proxecto ten unha duración de dous anos e conta cun financiamento de máis de 100.000 euros.

Trátase dun proxecto de irmanamento entre concellos, no que participan entidades municipais de países como Suecia, Finlandia ou Alemania. O principal obxectivo é acadar políticas enerxéticas máis eficientes a nivel local, o que inclúe intercambios e visitas para analizar e comparar as diferentes realidades municipais.

A participación neste proxecto enmárcase na aposta polas enerxías renovables que vén realizando o Concello, que se concreta, entre outras medidas, na instalación dun parque de enerxía solar fotovoltaica e térmica para quencer a auga da piscina municipal e vender á rede, ou a celebración dun curso rematado recentemente para formar ó alumnado no ámbito da enerxía solar térmica.

Podes atopar a nota de prensa na web do Concello:

http://www.concellodecarino.com/aodia/nova.php?id=1248 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.