25-M, unha noite de sorpresas

Share Button

A de onte foi unha noite de sorpresas. Tódalas enquisas e tódalas opinións vaticinaban dende había semanas unha victoria histórica do PP nas eleccións andaluzas; una victoria que situaría a este partido por encima dos 55 deputados que supoñen a maioría absoluta no parlamento de Andalucía. En Asturias a situación era incerta, aínda que as enquisas sinalaban unha posible victoria socialista.

Dende comezos do escrutinio quedou claro que podía ser unha boa noite para o socialismo. Finalizados os recontos, a principal sorpresa prodúxose en Andalucía, onde o PP quedou lonxe da maioría absoluta, o PSOE resistíu e IU experimentou un avance importante. A distancia porcentual entre PP e PSOE foi só dun punto e unicamente tres escanos separaron a ambas formacións (50 o PP e 47 o PSOE). IU duplicou a súa representación e pasou de 6 a 12 escanos. A esquerda vence por nove escanos de diferencia. Tanto PSOE como IU amosaron xa a súa disposición a establecer un necesario diálogo. A situación actual require acordos no ámbito da esquerda e Andalucía pode erixirse en vangarda desta unidade de acción e nun puntal na defensa dun modelo social alternativo.

Non menos importantes son os resultados en Asturias. Trala arroutada de Álvarez Cascos, que decidíu convocar eleccións ó non ser capaz de aprobar os presupostos, o PSOE gañou as eleccións con 16 escanos (á espera do voto exterior, que podería darlle un escano máis), o FAC de Álvarez Cascos retrocedeu a 13, o PP ficou como terceira forza política manténdose con 10, IU subíu 1 acadando os 5 e UPyD entrou no parlamento cun escano. En caso de que se confirme a obtención dun novo escano para o PSOE en detrimento do FAC, esquerda e dereita estarían empatados a 22 escanos, tendo UPyD o desempate na man.

Os resultados de onte son moi importantes. Supoñen un duro correctivo ó PP, que acusa o desgaste moi axiña e vai a ter gobernos en España dispostos a explorar camiños alternativos, a defender o sector público e a loitar por un modelo social máis xusto e solidario. E supoñen unha inxección de moral para o PSOE, inmerso nun proceso de debate e renovación orgánica en todo o estado. O noso partido enfróntase ó reto de interpretar correctamente estes resultados. A tarefa de reconstruir un discurso e unha práctica inequivocamente socialistas acaba de comezar. A reconexión coa nosa base social e cos sindicatos, a confluencia con outras forzas de esquerda ou a revitalización da militancia e das agrupacións son outras tarefas que deben proseguir con folgos renovados tralo impulso de onte. Ademais, en Andalucía teñen que sentar as bases para que non volten a producirse acontecementos recentes absolutamente indefendibles.

Queremos rematar estas breves notas reproducindo unhas palabras de Ramón Cotarelo, procedentes do seu artigo El Ave Fénix de la izquierda, aparecido no –actualmente- xornal dixital Público: La izquierda alberga lo mejor de la capacidad crítica del ser humano, su inconformismo, su voluntad de cambio, regeneración y progreso, la oposición obstinada a la resignación, el fatalismo y la involución que representa la derecha. Hubiera sido trágico que en el año del 200 aniversario de las Cortes de Cádiz, los “serviles” de antaño y hogaño hubieran conquistado Andalucía.

Pero el Ave Fénix no solamente resucita sino que, además, tiene que emprender el vuelo. A partir del domingo pasado, Andalucía es el faro que ilumina al resto de la izquierda en España y, mientras en Europa siga mandando la reacción, también fuera de ella. Y eso debiera notarse de inmediato. ¿Cómo? Con dos medidas urgentes que la ciudadanía progresista del país está esperando. La primera, el anuncio conjunto de conversaciones del PSOE e IU para formar un gobierno que obligue al PSOE a abandonar sus proclividades neoliberales y a echarse más a la izquierda como le pide su propio electorado, y que fuerce a IU a abandonar su maximalismo y fajarse en un gobierno reformista radical. Trabajo no va a faltar a ambos porque, además de ser el contrapeso a la política de desmantelamiento del Estado del bienestar y ataque a los derechos de los trabajadores del PP, tendrá que regenerar la vida pública andaluza, corrompida por prácticas clientelistas que se han ido depositando con los años. Los electores no entenderían que el gobierno andaluz de izquierda no fuera adalid en transparencia, diálogo, interacción y participación ciudadanas, política 2.0, en fin, lo contrario de lo que hace la derecha, si bien no de lo que predica.

A gráfica que ilustra esta entrada procede da edición dixital de El País.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.