Confirmáronse os pronósticos e o socialista François Hollande venceu onte a Nicolas Sarkozy na segunda e definitiva volta das eleccións francesas.
Hai poucas semanas, o panorama para a socialismo era moi escuro en Europa e en España. Os fracasos electorais sucedíanse, sendo os partidos socialdemócratas os principais perxudicados pola durísima crise económica mundial que afecta con especial crudeza ós países do sur de Europa. Unha situación paradóxica, na medida que situaba no poder ás forzas conservadoras defensoras do capitalismo máis depredador, pero que tamén reflectía o historial de renuncias dos partidos socialdemócratas, o seu anquilosamento e unha preocupante falta de proxecto.
Todo semella indicar que a tendencia está comezando a invertirse. A cidadanía percibe que a dereita non ten solucións para a crise e, ademais, amósase implacable na demolición de conquistas sociais básicas como a sanidade ou a educación. Comeza a consolidarse a idea de que son necesarias outras recetas para saír da crise. As eleccións autonómicas en Andalucía e Asturias o 25 de marzo foron os primeiros indicios dun novo camiño, que onte consolidouse, a nivel europeo, coa victoria de Hollande. Sobra calquer diagnóstico triunfalista. Queda moito traballo por facer, moito camiño por percorrer. Pero a socialdemocracia está no bo camiño, combinando a renovación de proxectos coa conquista paseniña de espazos de poder que lle van a permitir poñer a proba a bondade das súas alternativas. ¿Será Galicia a vindeira estación?
É significativo que Hollande gañase cun programa inequivocamente de esquerda, que retoma as bases principais do ideario socialista. Podes ler algunhas das súas principais propostas no post El programa electoral de Hollande da envidia, a cargo de Ignacio Escolar:
http://www.escolar.net/MT/archives/2012/05/el-programa-electoral-de-hollande-da-envidia.html