As críticas do PP cariñés sobre os problemas no alumado público recibiron hoxe resposta da Alcaldía no Diario de Ferrol. José Luis Armada afonda nalgúns argumentos expostos nesta mesma páxina, na entrada Alumado público e manipulación mediática, que podes ler abaixo, no menú de entradas antigas.
O noso Alcalde critica o doble raseiro do PP cariñés, e concretamente do seu voceiro (e, ó mesmo tempo, patrón maior da Cofradía), ó criticar ó Concello por un problema puntual no novo alumado mentres que, ó mesmo tempo, unha parte importante das instalacións portuarias segue sen luz dende o temporal Becky, que tivo lugar a comezos de novembro.
Armada subliña o carácter puntual da avería na rúa do Campo, que xa está reparada, e destaca o importante investimento feito nos últimos meses en materia de alumado público.
Polo demais, a nova de Diario de Ferrol contén unha errata, pois onde fala do temporal Klaus debería dicir temporal Becky, como pode deducirse do contexto.
Podes ver o texto da nova aquí:
http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/comarcas/12737-noemi-ferrol