Aproveitando a oportunidade que nos brinda a nosa páxina, a Agrupación Socialista de Cariño quere desexarche un próspero e feliz ano 2011.
Queremos, ademais, agradecerche que visites esta web. A nosa páxina está activa dende a primaveira de 2003, pero o 21 de setembro de 2009 iniciamos unha nova andaina adoptando un formato dinámico. Durante o ano 2010 fixemos un esforzo significativo por manter o dinamismo da páxina. Subimos a esta páxina principal algo máis de 210 entradas de texto, acompañadas de 103 imaxes. Elo supón unha media dunha entrada cada 1’7 días.
Este traballo motivou un incremento considerable no número de visitas, que nos vindeiros días comentaremos con maior detalle. Somos conscentes de que temos que seguir mellorando. Ademais de manter este grao de actividade na páxina principal, o novo reto é consolidar as restantes seccións da web e dotalas de dinamismo. E facelo, ademais, no contexto de precampaña electoral que comezará a emerxer a partires de xaneiro. Avecíñanse uns meses de traballo intenso, pero tamén apaixoantes.
Feliz ano e, unha vez máis, graciñas por visitarnos. Desfruta destas datas. Voltaremos a atoparnos aquí nos primeiros días de xaneiro.