
Unha representación da Agrupación Socialista de Cariño, encabezada polo noso Secretario Xeral e Alcalde, José Luis Armada, participou onte na festa que os socialistas da provincia da Coruña celebramos en Oroso e que contou coa participación duns 600 militantes. Este evento servíu para conmemorar o primeiro aniversario do congreso provincial que servíu para botar a andar a estructura provincial actualmente en funcionamento.
Interviñeron o Presidente da Deputación e Secretario Xeral da Provincia Salvador Fernández Moreda, o Secretario Xeral do PSdeG Pachi Vázquez e os Ministros Francisco Caamaño e José Blanco.