Dende a nosa páxina queremos expresar o noso pesar polo falecemento de Marcelino Camacho. O histórico sindicalista, fundador de Comisiones Obreras e militante do PCE, faleceu ós 92 anos, despois dunha vida adicada a loitar polos dereitos da clase traballadora e polas liberdades sociais.
Nos tempos actuais, nos que dende a dereita e o capitalismo preténdese desprestixiar e desmantelar o movemento sindical, é fundamental reinvindicar a súa contribución á loita contra o franquismo, así como o seu papel na instauración da democracia e na mellora das condicións dos traballadores e traballadoras.
Podes atopar algúns datos sobre a súa persoalidade nos seguintes enderezos web:
http://www.publico.es/espana/344101/marcelino-una-lucha-y-una-idea
http://es.wikipedia.org/wiki/Marcelino_Camacho