Reproducimos a continuación o texto da moción sobre a gardería de Cariño que presentamos pola vía de urxencia no Pleno celebrado este luns 26 de marzo. A moción non chegou sequera a discutirse, porque tanto BNG como PP votaron en contra da urxencia.
De xeito resumido, a nosa moción propón dúas medidas vitais para garantir a continuidade da gardería de Cariño. Unha vez desestimada polos votos en contra de BNG e PP, o futuro da gardería é moi negro. Actualmente o Concello de Cariño ten en torno a 594.000 euros nos bancos (case 100 millóns das antigas ptas.), pero o goberno do BNG está disposto a deixar morrer a gardería ó negarse a aportar 3.000 ou 4.000 euros máis de subvención anual. Nós fixemos o que consideramos que tiñamos que facer. Os votantes dos outros dous partidos deben pedirlles contas polas súas respectivas actuacións.
Queremos precisar que o noso partido non está en contra de que o actual goberno municipal traballe para conseguir unha gardería de titularidade pública (máis ben consideramos que é a súa obriga). Sen embargo, mentres isto non se consegue, é fundamental preservar a gardería que temos e que presta servizo dende hai máis de 20 anos.
MOCIÓN POLA VÍA DE URXENCIA QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Ó PLENO DO LUNS 26 DE MARZO DE 2012
ANTECEDENTES
Cariño conta cunha gardería infantil dende hai máis de 20 anos. O sostenemento desta gardería é froito do esforzo colectivo de diferentes partes. Aténdonos ás datas máis recentes, temos a seguinte situación.
– As familias usuarias pasaron, en pouco tempo, de pagar 35 euros a pagar 60 euros de cuota mensual por neno ou nena.
– A Xunta de Galicia, tanto na etapa do goberno bipartito como na etapa actual do Partido Popular, subvenciona anualmente á gardería de Cariño. A última subvención ingresada corresponde á anualidade de 2011 e supón unha cantidade de máis de 28.000 euros.
– O cura párroco de Cariño non cobra aluguer e cede de maneira gratuita o inmoble onde se atopa a gardería.
– As traballadoras responsables da gardería fan un esforzo constante por cadrar as cifras, chegando incluso a aportar o seu propio diñeiro en momentos de dificultade.
A única parte que non é solidaria con este esforzo colectivo é, na actualidade, o Concello de Cariño. Ata a entrada do actual goberno municipal do BNG, o Concello subvencionaba á gardería coa cantidade de 7.000 euros anuais. O actual faino con 4.000, e aínda acaba de ingresarlles a anualidade correspondente a
A día de hoxe Cariño non pode prescindir da gardería infantil. Non se trata só dos tres postos de traballo das súas responsables. A gardería é esencial para que moitos pais e nais poidan deixar ós seus fillos ó coidado mentres van a traballar. Trátase, e máis nestes momentos de crise, dunha necesidade vital para a cidadañía cariñesa.
Ata que chegou o BNG á Alcaldía, o Concello de Cariño estivo sempre á altura, na medida das súas posibilidades. Na nosa etapa no Goberno Municipal fixemos de intermediarios para que se acadase o actual modelo de xestión, unha vez que o cura párroco decidíu que, despois de moitos anos asumindo a responsabilidade, a parroquia deixaba de prestar o servizo. Fixémolo coa implicación activa do daquela voceiro do BNG e primeiro tenente de Alcalde.
A actual Alcaldesa sempre está a falarnos das débedas que ten que pagar, pero nunca nos fala do diñeiro que o Concello de Cariño ten nos bancos. Por esta razón, a semana pasada solicitamos ós servizos municipais de Tesourería un informe da situación económica actual. A 19 de marzo de 2012 o Concello de Cariño ten nos bancos un total de 594.350,47 euros (case 100 millóns das antigas pesetas) e aínda non recaudou a inmensa maioría dos impostos desta anualidade. Un Concello que ten case 600.000 euros nos bancos non pode permitir que peche a súa gardería infantil por unha cantidade de 3.000 ou 4.000 euros anuais. Trátase de resolver o problema aquí e agora. Mañá pode ser tarde, e podemos estalo lamentando durante anos.
Por esta razón, o Grupo Municipal Socialista propón ó Pleno a adopción dos seguintes
Primeiro. Que o Concello de Cariño manteña en 2011 e
Segundo. Que o Concello de Cariño consigne no presuposto municipal de 2013 e no de