Xa van uns cantos anos dende que en 2008 comezara unha crise económica que semella negarse a desaparecer. De feito, non son poucos os que defenden con argumentos a natureza sistémica de dita crise, a idea de que nunca voltaremos á situación anterior e de que son necesarios cambios profundos no actual sistema socioeconómico. Neste contexto, o panorama político preséntase tamén máis incerto que nunca.
A tese central do libro que imos comentar nesta entrada é que as actuais tendencias do capitalismo xeneran un entorno propicio para o rexurdimento do socialismo como forza ideolóxica. Quen isto afirma é Luis Fernando Medina Sierra, doutor en Economía pola Universidade de Stanford e actualmente profesor e investigador do Instituto Carlos III-Juan March de Ciencias Sociales; previamente impartíu clases de Ciencia Política nas universidades de Chicago e Virxina, así como en varias universidades colombianas. O seu libro El fénix rojo. Las oportunidades del socialismo gañou o Premio Catarata de Ensaio en 2014, sendo publicado pola editorial do mesmo nome.
Nun breve ensaio de 143 páxinas, o autor expón unha suxerente reflexión sobre a historia do socialismo –nas súas orientacións comunista e socialdemócrata- e os seus retos de futuro. A súa análise céntrase sobre todo no socialismo como ideoloxía, é dicir, como “un conjunto más o menos coherente de representaciones del mundo social” (páx. 23) máis alá de movementos, gobernos ou loitas concretas. O autor sinala, neste contexto, as afinidades entre o socialismo e a arte, a partir da aspiración de ambos de cambiar o mundo dende os seus propios principios: “El socialismo ofrecía a sus partidarios más que una posición política una forma de ver el mundo, un lenguaje y unas categorías a partir de las cuales formar una opinión política (…) No se trataba de un fenómeno confinado a las aulas académicas. El socialismo creó los primeros movimientos de masas que leían (…) también en el Tercer Mundo, en condiciones mucho más adversas, el socialismo ha insistido en que sus bases lean” (páx. 33).
Este último aspecto é especialmente relevante, na medida que conecta ó socialismo co legado do Século das Luces. Así, “el socialismo aspiraba a generar una visión del mundo basada en el examen racional. Esto le dio una enorme capacidad de supervivencia en momentos de gran adversidad”. A miúdo os seus cadros militantes “sabían que el rumbo que habían escogido los exponía a la persecución, la tortura o el asesinato. Sin embargo, persistían, ya que era gracias a esa misma militancia que el mundo que los rodeaba había adquirido sentido” (páx. 34). Na súa análise, Medina destaca tamén a importancia que sentiron historicamente os partidos socialistas de manter activo un brazo extraelectoral, principalmente de tipo sindical, para manter loitas políticas fóra das urnas.
A análise histórica que se ofrece no libro presta especial atención á forte crise que experimenta o socialismo nas últimas décadas do século XX, que supón a caída da URSS e doutros reximes comunistas, a derrota de gobernos socialdemócratas ou laboristas en diferentes países e a reconversión ideolóxica das forzas de esquerda. Con todo, o traballo da esquerda neses anos deixa como principal conquista en Occidente o chamado Estado do Benestar: “…independientemente de cuáles hayan sido los orígenes del Estado de bienestar, la constante es que las fases decisivas de consolidación ocurrieron en un contexto marcado por el crecimiento del movimiento obrero” (páx. 90).
Trala suxerente revisión histórica e unha análise da figura do consumidor no capitalismo actual, Medina adica as últimas páxinas do libro a expor a súa proposta de futuro, na que asume como inevitable a presenza dos mercados e dos estados debido á súa capacidade de coordinar sociedades altamente complexas compostas por millóns de persoas espalladas ó longo de milleiros de quilómetros: “Por socialismo entiendo una visión de la sociedad que ofrece a los individuos espacios de cooperación donde puedan encontrarse relativamente a salvo de la presión de los mercados y de los estados (…) Toda visión socialista que tenga alguna opción de funcionar en nuestro tiempo tiene que reconocer que en el futuro venidero deberán existir mercados y estados” (páx. 110).
A proposta do autor artéllase en torno á idea de renda básica universal, entendendo como tal que todo individuo teña garantido un ingreso mínimo de subsistencia absolutamente incondicional. Unha medida deste tipo suscita amplo debate na actualidade, incluso entre as forzas e movementos de esquerda. Á marxe da opinión que a cada quen lle mereza, non pode negarse que a argumentación que ofrece Medina é interesante e meditada. Baixo a premisa de que “cualquier programa realista de renta básica involucra cantidades más bien modestas” (páx. 115), entre outros moitos argumentos o autor salienta a capacidade que ofrece a renda básica para interactuar con tendencias que ocupan unha posición destacada na esquerda do noso tempo, como o ecoloxismo, o feminismo e o cooperativismo. En palabras súas, “…la renta básica no es simplemente una política de reducción de la pobreza o de estabilización de ingresos. Es una propuesta que busca liberar a los ciudadanos para que puedan acometer otro tipo de proyectos productivos y creativos que hoy en día son condenados a una muerte prematura por los dictámenes del mercado” (páx. 139).
En definitiva, o fío conductor do libro é que o socialismo non debe limitarse a ofrecer solucións tecnocráticas a problemas económicos como a pobreza ou o desemprego. Ben ó contrario, debe propor unha orde social distinta, “un orden en el que el mercado tenga su lugar, porque al fin y al cabo es una fuente de autonomía y realización, pero sin que termine por avasallar todos los espacios de vida” (páx. 141).
O libro ofrece, polo tanto, argumentos e ideas máis que interesantes como para recomendar a súa lectura. Dun tempo para aquí comezan a verse indicios que, na liña do que suxire esta obra, poden estar apuntando a un rexurdimento das ideas de esquerda: hai pouco máis dunha semana un auténtico terremoto sacudíu a política británica coa victoria de Jeremy Corbyn nas eleccións ó liderado do Partido Laborista. O candidato situado máis á esquerda dos catro que se presentaban, e ó que ninguén outorgaba en principio ningunha posibilidade, gañou na primeira volta con case o 60 % dos votos emitidos despois de erguer un movemento de cambio e ilusión en todo o país. Só cabe desexarlle ó novo líder laborista unha frutífera e exitosa traxectoria. Na medida que este sistema capitalista siga provocando pobreza, desigualdade, desemprego e exclusión, a esquerda e a loita social seguirán sendo máis necesarias que nunca.