Este martes 11 de agosto terá lugar en Cariño a presentación do número 2 da revista Terras do Ortegal. O acto, organizado polo Concello de Cariño e a Asociación Terras do Ortegal, celebrarase ás oito e media da tarde no Local Social do Concello (planta baixa). Contará coas intervencións de Jonathan Miranda, Concelleiro de Cultura; de Xosé María Torres, presidente da asociación editora da revista; e de Lois Armada Pita, arqueólogo e colaborador neste número da revista cun artigo sobre o machado figurativo de bronce atopado na praia da Basteira.
Como xa informamos na anterior entrada desta web, o número 2 da revista de estudos comarcais Terras do Ortegal apareceu publicado hai escasos días e conta cun dossier de seis artigos dedicados ó concello de Cariño. A revista xa está á venda en librerías.