Propostas socialistas no debate sobre os presupostos xerais do Estado (PGE)

Share Button

altO Secretario Xeral do PSOE, Pedro Sánchez, plantexou no debate desta tarde unha batería de propostas para dotar de maior xustiza e contido social os presupostos xerais do Estado (PGE) para 2015, os últimos desta lexislatura.

As máis relevantes son:

1. Se hai recursos para rescatar bancos, hainos tamén para facelo con persoas e empresas en risco. Cunha política de restruturación de débeda hipotecaria salvaríase a 500.000 familias.

2. En España hai pobreza infantil. É intolerable. Por iso consideramos imprescindible un gran pacto contra a pobreza infantil con medidas como a prestación a parados con fillos ó seu cargo.

3. España debe reformar o seu modelo produtivo cara unha economía sostible. Por iso, plantexamos a creación dun plan nacional de referencia para potenciar a Formación Profesional e contribuír ó noso proxecto de reindustrialización do país.

4. Nin xeración perdida nin xeración esquecida. Os parados de longa duración en idades avanzadas deben estar cubertos cunha renda mínima.

Podes ver os momentos máis destacados da intervención de Pedro Sánchez aquí:

https://www.youtube.com/watch?v=PinZ0iW9840&

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.